Todo isto aconteceu no Campionato Galego de Natación Absoluta e júnior de verán que se celebrou na piscina olímpica de Pontemuíño, en Pontevedra, organizado polo clube Galaico-Sercoysa.
Os novos recordes galegos perténcenlle a Miren Vicente (Pontevedra) en 50 bolboreta; a Sabela Velasco (Club del Mar) en 50 braza; a Aurora Pérez (Coruña) en 200 braza (2.35.80); e aos clubes galegos C.N. Coruña (relevos femininos de 4x100 libres) e ao Pavillón de Ourense (4x100 estilos).
Houbo tamén, xunto cos recordes, uns dezanove mellores rexistros galegos por idades e batéronse tamén oito recordes do campionato.
Por clubes, terminou por se proclamar vencedor o Pavillón de Ourense, na categoría absoluta, e o C. N. Coruña na júnior.