Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Despois da decisión da Xunta Electoral Central

Enrique León deixa a alcaldía de Vilagarcía con críticas para o PSdeG

O rexedor considera que a presunta incompatibilidade da súa profesión policial coa de alcalde sería defendíbel xuridicamente.

Redacción - 09:00 09/07/2007

Con probabilidade, Enrique León deixará o cargo de alcalde esta semana, asumindo o posto Dolores García, a número dous da lista do PSdeG na oitava cidade do país.

A dimisión de León chegaría despois da impugnación presentada polo PPdeG diante da Xunta Electoral Central, que admitiu a presunta incompatibilidade da súa candidatura á fronte da lista socialista en Vilagarcía de Arousa coa súa condición de policía. Segundo a xunta, as circunstancias laborais de Enrique León fano "inelixíbel". Con todo, e toda vez que a corporación está constituída, en principio debería ser a xustiza ordinaria a que determinase a saída do rexedor do seu cargo.

Ese estremo non se produciría, xa que fronte á intención do PSdeG de non levar o caso aos tribunais, Enrique León dimitiría e asumiría o cargo a segunda da lista. En declaracións á Radio Galega, León criticou a decisión e insinuou ademais a suposta falta de vontade do seu partido na súa defensa. "Ademais dunha valoración xurídica hai que facer unha valoración política", comentou, laiándose de que "aínda que xuridicamente sexa defendíbel, se cadra desde un punto de vista político hai que velo doutro xeito".


3,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: