Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Remata 21º, a 37 segundos do primeiro

Excelente debut de Óscar Pereiro no Tour de Francia

O ciclista suízo Fabian Cancellara gaña a etapa prólogo da rolda francesa. O galego, malia non contar para moitos, superou á maioría dos "favoritos".

Redacción - 11:30 08/07/2007
Óscar Pereiro, no prólogo deste sábado en Londres

Óscar Pereiro, no prólogo deste sábado en Londres

O corredor suízo do equipo danés CSC, de 26 anos, Fabian Cancellara gañou este sábado a etapa prólogo do Tour de Francia, disputada polas rúas de Londres, marcando un tempo de 8:50 minutos. É a segunda vez que Cancellara consegue o triunfo nesta xeira, logo de facelo hai tres anos en Liexa.

O até o de agora vixente campión do Tour, o galego Óscar Pereiro reivindicou o seu papel de favorito -que lle negan os medios de fóra de Galiza, e mesmo algúns do país-, realizando unha extraordinaria etapa.

Pereiro rematou o percorrido a tan só 37 segundos de Cancellara -campión mundial de contrarreloxo- e conseguiu situarse na posición 21ª da clasificación. Ademais, o galego sacoulles aos españois Alejandro Valverde e Carlos Sastre unha vantaxe de 6 e 19 segundos, respectivamente.

Pereiro, mellor que a maioría de "favoritos"

Estes dous últimos, xunto co kazako Alexandre Vinokourov -que rematou sétimo a medio minuto de Canceralla, e sete segundos antes que Pereiro- son os que segundo a maioría dos medios de comunicación teñen máis posibilidades de subir ao máis alto do podio nos Campos Elíseos.

Este domingo dispútase a primeira etapa entre Londres e Canterbury, no condado de Kent, que conta cunha extensión de 203 quilómetros.

Máis información na páxina oficial do Tour de Francia.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: