Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Vieiros do Mar

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Vieiros do Mar
Chegou o día

Comeza o VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galiza

A meirande festa da cultura galega do mar comeza na quinta feira día 5 de xullo no peirao de Curuxeiras en Ferrol. Vanse xuntar máis de cen barcos de moitas partes do mundo na ría do norte.

Redacción - 13:07 05/07/2007
O Nueva Sofía, amarrado

O Nueva Sofía, amarrado

Na mañá da quinta feira había xa 105 barcos inscritos par participar no oitavo encontro. Entre todos facían algo máis de 730 metros de eslora e xuntaban 477 tripulantes.

Para seguir todo o que vaia acontecendo no Encontro ferrolán, podedes vixiar o peirao de Curuxeiras dende a cámara web que penduraron (actualízase cada minuto), cunha boa perspectiva, enfocando directamente os pantaláns.

Senón, na web da FGCMF (Federación galega da Cultura Marítima e Fluvial) van ir colgando as novidades, e nós imos procurar mantervos informados.

Cousas para hoxe
Chegou a data, e xa ás 9:30 horas da mañá comezaban as xornadas técnicas que teñen por obxecto a posta en valor do patrimonio marítimo galego. O primeiro en falar foi Staffan Mörling, un home moi afamado no mundo da rehabilitación de embarcacións, e un dos pioneiros en expoñer á sociedade a relevancia que ten saber conservar o noso patrimonio coma parte do noso pasado. Durante a mañá continuarán as comunicacións sobre construción de embarcacións en madeira, sobre as comunidaes pesqueiras, os barcos de pasaxe, os de cabotaxe ou de como son as embarcacións tradicionais noutros países coma Portugal. A tarde salientarase a beleza que supón a presenza das embarcacións traicionais nas festas populares, falarase da necesaria dinamización dos veleiros clásicos e estudarase como a fan en Francia. Haberá tamén relatos de experiencias didácticas e prácticas.

Exposicións
O Pavillón dos museos estará montado pola tarde, e contará coa presenza de máis dunha ducia de entidades.

Para os nenos e nenas

Nas inmediacións do parque da ranita, a ludoteca estará lista para os máis cativos. Para eles están preparados xogos, pinturas e debuxos, e tamén actividades pesqueiras para que xoguen a pescar peixes imantados e agochados nunha piscina, o á procura de cores, que, coma se fosen tesouros, estarán agochadas entre bolas de poliespán. Farán manualiades, nús, crucigramas mariñeiros, construirán o seu propio equipo de pirata, parche incluído... e moitas máis cousas.

Taberna
A taberna mariñeria ofrecerá xantares para os participantes e para o público que poderá degustar saborosas receitas a prezos populares. A música estará presente nos pasarrúas, na taberna, nos xardíns, e na partida e chegada das embarcacións, que ás 18:30 horas arribarán simbolicamente de xeito conxunto ao peirao e Curuxeiras.

Cinema ao solpor

Mentres uns cean na Taberna mariñeira, outros poderán subir ao alto do baluarte de San Xoán para gozar, ao aire libre, do documental O salario do silencio, de Enrique Banet e Mabel Ribera sobre as irregularidades de Reganosa.

Concertos e festa

E na noitiña o a agrupación Batuko Tabanka, de Burela e Cabo Verde, dará un concerto ao vivo, para toda a xente que se queira chegar ao peirao ferrolán.


4/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Isto captaba a webcam o día 26 de xuño, en Curuxeiras
Isto captaba a webcam o día 26 de xuño, en Curuxeiras
O tempo andaba revolto o 3 de xullo no peirao ferrolán
O tempo andaba revolto o 3 de xullo no peirao ferrolán
O 4 de xullo xa se podían apreciar as mudanzas nos pantaláns
O 4 de xullo xa se podían apreciar as mudanzas nos pantaláns
No mediodía do 5 de xullo Curuxeiras xa tiña moita vida
No mediodía do 5 de xullo Curuxeiras xa tiña moita vida
Preto das 17 h. xa había varios barquiños antigos a vela amarrados no peirao
Preto das 17 h. xa había varios barquiños antigos a vela amarrados no peirao