Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Convocan unha concentración de ciclistas galegas

As mulleres do ciclismo galego procuran unha identidade propia

Entre o 4 e o 6 de xullo as mellores corredoras galegas dos 15 aos 20 anos hanse xuntar en Padrón. Á reunión van convocadas vinte rapazas das categorías Cadete, Xúnior e Sub-21.

Redacción - 14:31 03/07/2007

Esta primeira xuntanza foi convocada pola Fundación Ciclismo Galego e a Federación Galega de Ciclismo, dentro do convenio de promoción subscrito entre ámbalas entidades para promocionar o ciclismo feminino galego.

Durante tres días as ciclistas participarán nos adestramentos en estrada e circuíto, supervisados por técnicos do Karpin Galicia e da Federación Galega. As xornadas complementaranse con sesións teóricas.

Achegamento ás novas promesas do ciclismo feminino galego
As corredoras hanse xuntar en Padrón para tomar conciencia sobre a realidade que representan, sobre cántas mulleres move a práctica diaria deste deporte en Galiza para, deste xeito, lograr estabelecer unhas moi necesarias bases propias.

Ao finalizar a concentración, os seus organizadores han celebrar unha xuntanza para extraer conclusións e establecer as liñas da estratexia a seguir no ciclismo feminino en Galiza.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



As mulleres procuran un seu lugar no ciclismo (Foto: Women's Cicling)
As mulleres procuran un seu lugar no ciclismo (Foto: Women's Cicling)
Eva Castro é unha das ciclistas galegas que destaca a nivel internacional
Eva Castro é unha das ciclistas galegas que destaca a nivel internacional
As ciclistas galegas concentraranse en Padrón (Imaxe: Eva Castro nos Mundiais)
As ciclistas galegas concentraranse en Padrón (Imaxe: Eva Castro nos Mundiais)