Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
A CONSELLERÍA DE PESCA SACA E EXPOSICIÓN PÚBLICA A CONTAMINACIÓN DESCONTROLADA DA COSTA GALEGA

ADEGA recomenda aos veciños do litoral, informarse e realizar alegacións ao novo plan.

A Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) fai un chamamento aos veciños das zonas afectadas polo novo Plano Sectorial de Macropiscifactorías para que se informen sobre como lles afectará e realicen alegacións a un plano que apoia a contaminación sin control da costa galega.

ADEGA - 14:01 03/07/2007

Adega ten denunciado en múltiples ocasións a contaminación que provocan as macropiscifactorías instaladas en Galiza, ademais da carencia de permisos de vertido das plantas existentes na actualidade ponse de manifesto o incumprimento xeneralizado da lexislación en materia de augas. O permiso de vertido, do que aínda carecen estas instalacións, é obrigatorio segundo a Lei 46/1999 de 13 de decembro, de modificación da Lei 29/1985 de Augas. A Consellería de Pesca lonxe de velar polo interese público está a elaborar un denostable plano de expasión da contaminación na costa galega.

 Cabe preguntarse cantas das novas piscifactorías terán unha depuradora de augas residuais que eviten a grande cantidade de residuos orgánicos. Hai que recordar os níveis extremadamente altos detectados na piscifactoría de Stolt en Quilmas por dous departamentos das Universidades da Coruña e de Santiago:

- DQO, que acadou un valor de 8635 mg/L fronte aos 125 mg/L fixados na Lei*.
- DBO, que acadou un valor de 3466 mg/L fronte aos 25 mg/L que fixa a Lei*.- SST, que acadou un valor de 4850 mg/L fronte aos 35 mg/L establecidos pola Lei*.
- NTK, que acadou un valor de 413,14 mg/L fronte aos 15 mg/L fixados pola Lei*. -PO43- que acadou un valor de 28 mg/L fronte aos 2,60 que fixa a Lei*.

*Lei 46/1999 de 13 de decembro, de modificación da Lei 29/1985 de Augas

Esta contaminación descontrolada situarase en moitos casos dentro da Rede Natura, como por exemplo na prevista ampliación da piscifactoría de Quilmas que ten o seu punto de vertido dentro da Rede Natura. Outras situaranse en “ocos”, zonas non protexidas rodeadas da Rede Natura como no caso da de Piñeira en Ribadeo. En todo caso carecerán de depuradoras axeitadas para tratar as enormes cantidades de augas contaminadas que xeneran anualmente. ADEGA solicitará a derogación do Plan Sectorial até que se cumpran os requisitos necesarios para que as macropiscifactorías non afecten ao medio ambiente galego así como a outros sectores da economía como o pesqueiro, o marisqueiro e o turismo.

Finalmente poñemos a disposición dos cidadáns na www.adega.info o informe da Asociación ecoloxista portuguesa Quercus sobre o estudo de impacto ambiental da piscifactoría de Mira en Coimbra.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: