Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Municipais07

Castrelo terá un alcalde do BNG tras desestimar o TSXG un recurso pendente

O alto tribunal admitiu os argumentos dos nacionalistas, e considerou valida a papeleta do CERA que os Independentes pedían que fose anulada.

Redacción - 19:32 26/06/2007
Casa do Concello de Castrelo de Miño / CRTVG

Casa do Concello de Castrelo de Miño / CRTVG

O BNG conseguirá a alcaldía de Castrelo de Miño (O Ribeiro) tras desestimar o Tribunal Superior de Xustiza (TSXG) o recurso do grupo Independentes por Castrelo do Miño, que solicitaba a anulación dunha papeleta correspondente ao censo de residentes ausentes (CERA).

Segundo informou a formación nacionalista, o alto tribunal estimou os argumentos presentados polo BNG e considerou válido o sufraxio emitido.

PPdeG (5), BNG (3) e PSdeG (3)

Deste xeito, a corporación municipal ficará con cinco edís do PPdeG, tres do BNG e outros tres do PSdeG, polo que, en virtude dos acordos entre socialistas e nacionalistas, o candidato da formación frentista, Xurxo Rodríguez Méndez, será o próximo rexedor deste concello. Até o de agora o PPdeG gobernaba este municipio con maioría absoluta.

Por outra banda, o TSXG estimou o recurso presentado polo BNG desta mesma comarca no Concello da Arnoia, polo que anula a votación na mesa A, sección 1, distrito 1, e ordena a repetición das eleccións na mesma mesa. Segundo o tribunal, esta estaba afectada por numerosas irregularidades, correspondentes aos votos do CERA.


4,5/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: