Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Emilio Pérez Touriño, no Jornal de Notícias

"A autonomía axudou moito ao que o meu antecesor chamaba 'autoidentificación' co país"

O presidente do Goberno ocupa a portada do diario portugués. Nunha extensa entrevista analiza a "invejável" economía galega.

Redacción - 19:10 25/06/2007

O Jornal de Notícias publica este luns unha entrevista co presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño. "A economia da Galiza cresce a um ritmo invejável. Emilio Pérez Touriño, o socialista que preside à Junta da Galiza desde 29 de Julho de 2005, explica, em entrevista ao JN, as razões da pujança". Deste xeito o diario presenta aos seus lectores a Pérez Touriño.

O cuestionario de claro contido económico non aborda nin temas identitarios nin de soberanía nin relacionados co nacionalismo. No entanto o presidente cualifica "a experiencia española" do Estado das Autonomías como "extremadamente positiva".


"A descentralización axudou
a mellorar o ritmo, a marcha, a autoconfianza, a estabilidade, etc. E iso é cuantificábel en termos económicos", sinala Touriño quen, ademais, nun momento da entrevista fai referencia ao seu "antecesor" no cargo para falar da "autoidentificación" dos galegos co país.


Ligazóns

4,75/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: