Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
tenis

A Lourdes Domínguez volveulle tocar ser a rival de Serena Williams

A pontevedresa terá que se enfrontar a unha das mellores tenistas do mundo do US Open deste ano. O combinado estatal feminino está formado só por tres mulleres.

Redacción - 10:48 25/06/2007
Lourdes Domínguez

Lourdes Domínguez

De entre as tres mulleres que forman a selección de tenistas do Estado que van competir no US Open, está a galega Lourdes Domínguez, que tivo bastante máis mala sorte que as súas compañeiras no sorteo de partidos, porque lle tocou como rival unha das mellores xogadoras do mundo: Serena Williams.

Mentres as outras dúas tenistas estatais, Anabel Medina e Virginia Ruano, vanse enfrontar entre elas, a galega vai ter que pelexar contra a norteamericana, quen ademais xoga na casa.

É xa a segunda vez que lle toca á galega enfrontarse á pequena das irmáns Williams; a outra vez, o ano pasado na mesma competición, a tenista norteamericana non lle deu opción a Domínguez, e venceu por por 6-1 e 6-2.

A pesar de todo, Lourdes Domínguez garda a ilusión de mellorar os puntos do ano pasado, aínda que teñen que xogar en herba, o que non é a súa especialidade. O partido está programado na pista 2, a chamada "tumba dos campións", o que pode ser un bo presaxio.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: