Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONCENTRACIÓN EMPRESARIAL

Iparlat, un espello para un Grupo Lácteo Galego?

O grupo vasco-navarro creouse en 1992, logo da fusión de cooperativas e centrais leiteiras

Redacción - 14:15 24/06/2007
Tags: grupo leite
Kaiku é unha das marcas máis coñecidas da sociedade Iparlat

Kaiku é unha das marcas máis coñecidas da sociedade Iparlat

Hai quince anos, cando en Galiza se falaba unha e outra vez da necesidade de crear un grupo lácteo autóctono, en Euskadi daba os seus primeiros pasos Iparlat. O proxecto nacía da fusion de diversas cooperativas e centrais leiteiras de Euskadi mais tamén de Navarra. A idea, apoiada dende o principio polo Goberno Vasco, pretendía englobar todo o proceso: dende a recollida do produto até a súa transformación e posterior venda.

Aínda que a potencialidade do sector é menor ca no noso país, o grupo Iparlat conta con factorías en Urnieta (Guipúzkoa), Pamplona e Renedo de Piélagos (Cantabria). A aposta nestes anos foi clara: crear produtos de valor engadido. Para iso, co decidido apoio institucional, investíronse importantes cantidades económicas en investigación e desenvolvemento. O abano de produtos que oferta foise ampliando e na actualidade o grupo incluso comercializa sopas e zumes.

Elaboración contra 'marcas brancas'
Ademais do mercado propio, Iparlat fixo un importante esforzo para colocar os seus produtos no continente americano, onde traballa con diferentes distribuídores. Nos seus plans de expansión o grupo vasco-navarro incluso optou por mercar fábricas de leite en Arxentina e México.

Na actualidade envasa 315 millóns de litros de leite anuais. A cifra é un pouco menor cá de Leite Río. A galega é quen de envasar 350 millóns, máis a diferenza radica en que esta última dedica a maior parte a “marcas brancas”, que teñen un prezo menor no mercado. Ademais, Iparlat colócase entre os oito primeiros produtores de iogures a nivel estatal, unha lista na que non entra ningunha compañía galega.


5/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: