Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
CONCURSO EN REDE

En 'Pelotas' e 'Sacando a lingua a flote', xa hai unha imaxe para o galego

Alberto Dafonte, na modalidade de vídeo, e Manu Lago, na de fotos, foron os vencedores do certame.

Redacción - 10:35 23/06/2007

Poucas horas antes de que comecen a arder as cachelas, xa temos "Unha imaxe para o galego". O xurado decidiu outorgarlle os premios á fotografía “Saca a lingua a flote” de Manu Lago e ao vídeo “Pelotas” de Alberto Dafonte.

O tribunal estivo composto polo fotógrafo Manuel Sendón; polo tamén fotógrafo e xornalista Roberto Ribao; e por César Galdo, licenciado en Ciencias da Comunicación e gañador do último certame de vídeo organizado polo Centro Multimedia de Galicia. O editor de Vieiros, Lois Rodríguez, exerceu como secretario, con voz pero sen voto.

O xurado destacou a alta participación e a gran calidade de moitos dos traballos presentados. No apartado fotográfico valoraron a obra gañadora polo seu xogo cromático e de texturas. Ademais salientaron a harmonía entre foto e texto. No caso dos vídeos, o xurado destacou a orixinalidade e o humor do vídeo gañador: “Pelotas”, de Alberto Dafonte.

Ao certame, patrocinado pola Secretaría Xeral de Politica Lingüística, presentáronse 99 fotografías e 3 vídeos. Os gañadores recibirán unha cámara fotográfica e unha de vídeo.


4,44/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: