A proba de Ourense, que xa vai polos corenta anos de historia, celébrase na fin de semana de San Xoán polas estradas ourensás.
Os pilotos van chegar mesmo aos Canóns do Sil, nunha fin de semana intensa deste rali de asfalto que puntúa para o campionato estatal.
A proba, organizada pola Escudería Ourense, é a máis antiga das galegas, e a ela acoden pilotos de todo o estado, e os mellores de Galiza, que loitarán por subir postos na clasificación estatal de ralisn de asfalto, e nas outras probas nas que puntúa.
O itinerario trancorre case por toda a provincia, xa que hai 5 tramos a percorrer, que suman, todos xuntos, un total duns 580 Qms.
O rali, que leva por sobrenome Estanislao Reverter, está dedicado á memoria deste piloto ourensán, fundador da Escudería Ourense en 1966 e organizador da 1ª edición del Rali Internacional de Ourense, no ano a seguir, nunha época na que o automobilismo era un deporte só para os poucos que se podían permitir empregar un automóbil só para competir.