Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RELATOS NA REDE

Onde sempre é bosque

Coa chegada do verán, Vieiros preséntavos anacos da mellor literatura do país: palabras na defensa duns espazos que son de todos. Anxo Angueira é o encargado de disparar as primeiras e refrescantes palabras.

Redacción - 20:06 21/06/2007
o primeiro relato vén da man de Anxo Angueira

o primeiro relato vén da man de Anxo Angueira

Cóntanse as horas para saltar as cachelas, e o verán xa rebenta por todas as esquinas. Mais non todo vai ser praia e cervexa fría. A literatura tamén é un poderoso calefactor no inverno e un aínda mellor ventilador nos meses de calmuzo.

Dende hoxe, primeiro día de verán, até o 21 de setembro, cando o outono xa empezará a cotenear nas fiestras, Vieiros ofrécevos a mellor literatura no espazo chamado "Onde sempre é bosque". Coa colaboración das consellarías de Cultura e de Medio Rural, bota a andar un mosaico de relatos que terán como en común o estar situados nun bosque ou nunha fraga concreta do país. As palabras na defensa duns espazos que son de todos.

Anxo Angueira inicia o primeiro dos catorce relatos que nos acompañarán ao longo do verán. Canda el, no mesmo barco, estarán, entre outros, autores da talla de Xabier Cordal, Teresa Moure, Méndez Ferrín, Manuel Rivas, Rosa Aneiros, Miguelanxo Murado ou Darío Xohán Cabana.

Mais tamén queremos contar coa vosa palabra. Queremos saber do souto que plantou teu avó, daquela fraga na que un día te perdeches, do monte que saía nos contos da túa nai, ou do bidueiral que te acompañaba de cativo. Cóntanos do teu bosque! Entra e pérdete nesta  mesta fraga de relatos.


4,57/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: