Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
O NOVO REXEDOR PROMETE NO YOUTUBE TRATAR A TODOS OS VECIÑOS IGUAL

Imaxes do cambio: o alcalde-construtor de Salceda saca as caixas do Concello

A Xustiza investiga irregularidades urbanísticas neste concello gobernado durante 31 anos polo polémico 'Chicho'

Redacción - 14:35 20/06/2007

A alcaldía de Salceda de Caselas acaba de cambiar de mans despois de 31 anos. O polémico José Manuel Fernández, 'Chicho', do Partido Popular, deixa o cargo ao nacionalista Marcos Besada. E faino deixando tras si unha serie de curiosas imaxes.

Á redacción de Vieiros chegaron estas fotografías nas que se ve ao alcalde sacando numerosas caixas e papeis das dependencias do concello, días antes de ceder o poder, coa axuda de varias persoas. Cómpre lembrar que a Fiscalía investiga ao ex-alcalde, que tamén é construtor, por supostas irregularidades urbanísticas.

Alcalde-construtor
Segundo informou El País, unha promotora da que é socio Fernández construíu un edificio que vulnera o permiso municipal. Ante as denuncias dos veciños, o Concello non tivo outra opción que deter obra; mais, malia a paralización decretada polo propio 'Chicho', os obreiros seguiron traballando ás presas ata hai unhas xornadas.

Esta é un das numerosas cuestións cos que terá que enfrontarse o novo alcalde do BNG. No seu discurso de investidura, publicado na Peneira Dixital, Besada asegurou que “era necesario unha renovación de formas de facer política e de interpretar a relación do concello cos veciños”. O novo rexedor municipal prometeu “atender a todos os veciños por igual”.


4,93/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: