Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Construirá tres fragatas e dous buques anfibios

Navantia consegue de Australia sete anos de choio cun negocio de 2 mil millóns de euros

O goberno australiano adxudícalle dous gorentosos contratos.

Redacción - 09:00 20/06/2007

Segundo o plan estabelecido, os estaleiros de Ferrolterra poderían asumir a maior parte do traballo. A adxudicación do executivo australiano optou así a oferta de Navantia fronte aos proxectos presentados pola empresa francesa DCN e a estadounidense Gibbs and Cox.

Trátase de dous contratos diferentes. Por unha banda a compra de tres buques destrutores, baseados no modelo de fragata F-100, e dous barcos anfibios. As adxudicacións foron realizadas no marco dun ambicioso programa de renovación de infraestrutura militar da área de Defensa do goberno de Australia. Parte do traballo será realizado en estaleiros das antípodas pola empresa australiana Tenix, malia que o deseño corresponderalle tamén a Navantia.

Así, o máis gorentoso contrato sería o dos buques anfibios, baseado no modelo de "Buque de Proxección Estratéxica" que Navantia xa deseñou para o goberno español, e dotado cun orzamento de até 1.600 millóns de euros. Respecto aos buques anfibios, do orzamento de máis de 4 mil millóns de euros Navantia rabuñará un total de 200 millóns polo deseño e mantemento. Desde a empresa consideran ademais que estes contratos implican un avance importante no posicionamento de Navantia cara a novas posibilidades de negocio no mercado naval militar internacional.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: