Manolo Cadenas falará ante o público no Centro Galego de Tecnificación Deportiva e impartirá unha clase dirixida aos adestradores, na vindeira quinta feira, 21 de xuño.
O novo adestrador do Barcelona impartirá na quinta feira, ás 18:30 horas unha charla no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra. A entrada é de balde, e quen se achegue poderá assitir tamén a unha clase teórica sobre o "Traballo da mellora do bloque central no sistema defensivo 6.0", que vai dirixida, sobre todo aos adestradores.
A charla está organizada pola dirección técnica da Federación Galega de balonmán dentro do ciclo de "Xornadas de actualización e perfeccionamento do Balonmán". O ex técnico do Ademar de León, equipo co que conseguiu unha Liga ASOBAL (2001), duas Recopas de Europa (1999 e 2005), unha Copa do Rey (2002) e unha Copa ASOBAL (1999), vai adestrar as duas próximas tempadas ao Barcelona.