Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Lonxe do pacto en Lugo

Orozco volve mirar aos asentos do PPdeG na procura de apoios

O acordo marco entre socialistas e nacionalistas segue tendo en Lugo o escenario máis complicado para converterse nun pacto local.

Redacción - 09:00 18/06/2007
Tags: Lugo Orozco

O alcalde lugués estivo este domingo diante dos micrófonos da RNE, onde analizou a caída en votos do PSdeG na cidade, descenso que na súa opinión se debeu á "abstención" e ao "pin, pan, pun" ao que o someteron PPdeG e BNG. "Esperaba máis", recoñeceu Xosé Clemente López Orozco.

Doutra beira, comentou que perdeu "a confianza" no voceiro municipal do Bloque, Xosé Anxo Laxe, criticando que este non acudise á cita para a que o convocara no despacho da alcaldía co obxectivo de falar dun posíbel pacto de goberno e asegurou que de momento vaise comunicar só "por escrito" con el. "Pensan que gañaron as eleccións en Lugo, e iso é non saber matemáticas", reprochoulles Orozco aos nacionalistas. "Agora nós contamos con 12 concelleiros, fronte aos catro do BNG, e os nove do PPdeG, que tampouco se poden desprezar", insinuou, asegurando que en política "ninguén ten a verdade absoluta" e advertindo de que agora necesita dos apoios do BNG "ou os do PPdeG" para manter o goberno en Lugo.


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: