As bases da estratexia para frear o declive económico e demográfico da Galiza interior, segundo anunciou este domingo o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.
Aproveitando a xornada de clausura da Semana Verde, o presidente da Xunta avanzou a próxima aprobación do plan en favor da Galiza interior fronte ao maior desenvolvemento da Galiza litoral. Emilio Pérez Touriño referiuse á inxección de recursos que este plan implicará para a dotación de infraestruturas equipamentos e servizos sociais para o medio rural.
O plan de reequilibrio territorial é un dos puntos pendentes do acordo de goberno entre PSdeG e BNG e a súa aprobación fora prometida a curto prazo hai xa un ano. A estratexia tratará de facer coincidir a inxección de novos fondos europeos nos próximos seis anos coa posta en marcha dun conxunto de iniciativas para "evitar unha Galiza de dúas velocidades".