Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Billarda

O "perico" da billarda será para o equipo que gañe o Súper-5 parroquial

Aínda que a Liga Nacional anda parada, este domingo cinco parroquias mariñás han loitar por levar o año que hai de premio, e a honra de seren os mellores do verán.

Redacción - 10:00 17/06/2007

A gran loita interparroquial está xa na recta final. No campo do San Bartolo, en Celeiro de Mariñaos (Barreiros) os cinco equipos das cinco parroquias contrincantes han loitar e deixar suor e bágoas para facerse co título da Súper-5 Parroquial, o xa mítico torneo de verán que organiza a Liga Nacional de Billarda (LNB).

Os palanadores e as palanadoras que aínda case non colleron folgos dende o remate da Liga, deben enfrontarse máis unha vez nun terreo por todos coñecido, para gañar o cobizado año da billarda; un perico, dito en mariñao, que ha terminar só nos pratos dos vencedoores.

Hai que apurarse para preparar as toallas e unha cesta con petiscos, porque a xornada do domingo promete. O xogo comezará sobre as 10 da mañá, cando se xogará a fase clasificatoria e á tarde xogarase a fase final. Aí polas nove, xa sabidos os nomes dos gañadores, haberá un concurso aberto a todo o mundo, de varados, no que se xogará espectacular xamón de porco -cocho en mariñao- celta.

A sorte está botada. Das cinco parroquias, o domingo só pode ficar unha.

Podes consultar a folla de horarios da competición e as últimas horas aquí. Ou se non chegas a tempo, todo vai ficar recollido pola Tele-Varal, a TV da Billarda.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: