Tráfico e Transportes ou Persoal sumaríanse ás responsabilidades que desempeñaron neste último mandato os edís nacionalistas en Santiago.
Os negociadores do BNG formularon hoxe, no proceso para reeditar unha coalición en Santiago a partir dos resultados do 27-M, que a súa formación asuma a portavocía do equipo de goberno vinculada ao primeiro tenente de alcalde. Pola súa banda, o PSdeG entende que os nacionalistas poden incorporar Tráfico e Transportes ou Persoal ás responsabilidades que desempeñaron neste último mandato.
A voceira do BNG na negociación, Socorro García, explicoulle a Europa Press que no encontro do xoves "non se pechou acordo ningún" e que a súa formación sometería a situación á opinión da militancia. Tras avanzar no programa e o funcionamento, os negociadores do BNG foron os primeiros en formular unha oferta de reparto de competencias. Os nacionalistas apostan asumir concellarías unificadas en dous grandes grupos que non implique contraprogramación, como son Promoción Económica e Turismo, Cultura e Centros Socioculturais e, dentro dun apartado máis amplo de áreas "con investimentos", estarían dispostos a desempeñar "con autonomía e sen interferencias" funcións en urbanismo, obras ou rehabilitación.