Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Considéraa competencia propia

A Xunta demanda a competencia sobre as subvencións con cargo ao IRPF

O Consello da Xunta acordou este xoves formularlle ao Goberno central un requirimento de incompetencia da orde, ao entender que invade o ámbito de competencias da Administración autónoma galega.

Redacción - 17:12 14/06/2007

Esta orde estabelece as bases da convocatoria de subvencións para a realización de programas de cooperación e voluntariado sociais con cargo á asignación tributaria do IRPF. O goberno considera que o Estado debe retirala, ao seren os asuntos sociais competencia da Comunidade Autónoma.

Como fixa o Estatuto de 1981 (punto 23 do artigo 27, capítulo I do Título II), correspóndelle á Xunta asumir o relacionado coa asistencia social, e polo tanto, regular as subvencións destinadas ao desenvolvemento de programas de acción social. A Administración galega non comparte que o Goberno central lles atribúa en exclusiva ás instancias estatais a regulación de detalle da asignación a fins sociais dunha porcentaxe do IRPF, nin o estabelecemento dun réxime uniforme na regulación do procedemento para obter as subvencións.

A orde non só regula as condicións e procedemento de concesión das subvencións, senón que tamén lle atribúe ao Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais a totalidade das funcións de execución administrativa: a xestión, concesión e pagamento das axudas. De conformidade co establecido no artigo 63 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, a Xunta formula un requirimento de incompetencia e resérvase o dereito de acudir ao Alto Tribunal de non ser a resposta positiva.


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: