Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLÉMICAS CONCESIÓNS

O goberno español non vai acelerar a reversión dos encoros

O senador Francisco Jorquera (BNG) cre que isto é unha mostra de “submisión aos monopolios”

Redacción - 14:12 14/06/2007

O executivo estatal non ten vontade de acelerar a reversión ao dominio público daqueles encoros que xa superan os 75 anos de concesión (en Galiza hai 24) eso é alomenos o que sospeitan no BNG, que acaba de recibir unha resposta a unha pregunta formulada no Senado.

Os nacionalistas lembran que a actual Lei de Augas cifra en 75 anos o límite máximo para as concesións hidráulicas. “Porén, este prazo é sobardado polos operadores privados que explotan estes recursos naturais en dominio público ao utilizar a trampa legal de obter prórrogas sobre a concesión mediante a realización de pequenas obras nas instalacións”, sosteñen dende a formación galega.

O senador do BNG, Francisco Jorquera, demandaba nunha pregunta que se modificase a lei para reducir o prazo concesional e impedir que se superasen os 75 anos con obras como as antes mencionadas.

Segundo Jorquera, “o goberno elude esclarecer se vai ou non apoiar esta demanda do BNG. Co seu silencio deixa claro que non ten a menor vontade de revisar o actual sistema concesional. Isto evidencia a súa submisión aos oligopolios que controlan o sector (Iberdrola, Unión Fenosa e Endesa)”.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: