Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ORGANIZACIÓN TERRITORIAL

Prognostican que Cataluña pode acadar a independencia nunha xeración

O politólogo Roger Buch sinala que o sentimento independentista medra día a día entre a mocidade.

Redacción - 19:43 12/06/2007

"A independencia de Cataluña será posíbel nunha xeración", así de claro se mostra Roger Buch, un politólogo que leva anos estudando o movemento independentista naquel país, nunha entrevista concedida a La Vanguardia.

"Os mozos politizados son cada vez máis independentistas e continúan logo de maiores", sinala. Mais tamén chama a atención sobre outro fenómeno: "Tamén xorden outros independentistas ligados á economía. Danse conta de que o federalismo é imposíbel e que hai circunstancias desfavorábeis, como o déficit de investimentos españois en Cataluña".

Outra das conclusións de Bruch é que "o independentismo non empeza nin acaba en ERC. En CiU, a maioría dos menores de 40 anos tamén se declara independentista. Unha parte dos votantes socialistas tampouco se amosan desfavorábeis a esta opción".

Poden ler a entrevista completa no rotativo La Vanguardia.


4,6/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: