Unha inmobiliaria coruñesa publicita propiedades e ofrécese a revendelas de novo unha vez entregadas ao primeiro dono
A inmobiliaria Sanmior publicaba recentemente na prensa un significativo anuncio que mostra até que punto chegou a especulación inmobiliaria na costa galega. E é que Sanmior anima á compra de pisos a pé de praia en Miño, pero non para usalos como vivenda, senón como unha gran oportunidade para revendelos unha vez construídos.
"Se quere comprar para investir, ao terminar a promoción, nós vendémosllo a través da nosa inmobiliaria", explica sen miramentos o anuncio. É dicir, a empresa ofrece pisos e, unha vez entregados aos primeiros donos, anímaos a revender as propiedades, a un prezo superior, a través da mesma compañía.
Os vinte e nove pisos ofertados están a "xunto a praia da Ribeira e en pleno centro de Miño" segundo di a publicidade e se explica na web da inmobiliaria coruñesa. O anuncio foi publicado en Flickr por un internauta, quen asegura que foi insertado na Voz de Galicia este luns día 11.