No Rali de Narón os lucenses impuxéronse aos demais pilotos galego, logrando a súa segunda victoria no que vai de ano.
Pedro e Marcos Burgo conseguiron un triúnfo moi traballado en Narón, impoñendo un ritmo que non deron seguido os máis pilotos. Os dous membros da equipa Hankook foron incrementando as distancias co resto de participantes, e dos oito tramos corridos, fixeron o mellor tempo da xornada en seis.
Choveu case todo o sábado na vila ártabra, o que favoreceu ao Mitsubishi EVO VIII co que corrían os dous irmáns.
A seguinte cita do calendario galego vai ser nos días 23 y 24 de xuño, polo San Xoán, no Rali de Ourense, que puntúa para o Campionato Estatal