A esquerda volverá entenderse nos municipios galegos, socialistas e nacionalistas anunciaron este venres un pacto global que se explicará o luns.
A última hora da tarde deste venres, as comisións negociadoras do PSdeG e do BNG erguéronse da mesa cun principio de acordo que anunciaron que explicarían pormenorizadamente o vindeiro luns. Logo de días de moitas diferenzas, as dúas forzas optaron por chegar a acordos mínimos que garantiran gobernos de esquerdas nos municipios galegos.
Durante a fin de semana as direccións do PSdeG e do BNG terán que referendar o pacto. Para a vindeira semana comezará a aplicarse o pacto concello a concello, aínda que estas negociacións tamén se prevén duras.