Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Na mañá deste venres

Arnaldo Otegi ingresa na cadea de Martutene

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza pola que o condenan a 15 meses de cárcere por un delito de "enaltecemento do terrorismo".

Redacción - 13:13 08/06/2007
Arnaldo Otegi está acusado de 'enaltecemento do terrorismo'

Arnaldo Otegi está acusado de 'enaltecemento do terrorismo'

O dirixente de Batasuna Arnaldo Otegi foi detido na mañá deste venres en Donostia por orde da Sección Terceira do Penal da Audiencia Nacional española, e foi conducido ao cárcere guipuscoano de Martutene.

O apresamento prodúcese logo de coñecer que o Tribunal Supremo confirmou a sentenza pola que se lle condena a 15 meses de cárcere por un delito de "enaltecemento do terrorismo", concretamente na homenaxe ao membro da ETA Argala.

"Non procede o recurso"

O Alto Tribunal español acordou esta decisión por unanimidade tras estudar os argumentos da fiscalía do Tribunal Supremo e de Jone Gorizelaia, avogada defensora de Otegi, que as partes expuxeron durante a vista celebrada este xoves.

O fallo afirma textualmente "non procede o recurso de casación por quebrantamento de forma e infracción de lei e de precepto constitucional dirixido por Arnaldo Otegi".

Esta decisión foi comunicada por fax á Audiencia Nacional española que ordenou a inmediata detención do dirixente abertzale. A sentenza completa farase pública nos próximos días.


3,86/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: