Deporte organiza varios programas para mellorar a xestión económica dos deportes federados galegos.
En dous días de intenso traballo, o venres 8 e mailo sábado 9 en Vigo impartirase o I Curso de mellora na xestión das federacións, que terá a súa continuidade, a vindeira semana, na Coruña.
O pasado 21 de maio a secretaria xeral para o Deporte, Marta Souto, reuníase coas federacións deportivas galegas para expoñerlles as liñas de traballo da Dirección Xeral e para comezar a traballar na coordinación de esforzos para desenvolver o Programa de mellora na xestión das federacións deportivas galegas.
Un dos primeiros chanzos deste programa é o paso por este curso, ao que están chamadas as persoas encargadas da xestión nas 58 federacións galegas. O curso desenvólvese en dúas quendas: na sexta 8 e no sábado 9 en Vigo (Casa do Deporte), -impartido por Ángel Rodríguez, experto en xestión de organizacións non lucrativas- e na sexta 15 e no sábado 16, na Coruña, no Servizo Provincial de Deportes, Complexo Deportivo de Elviña, para as federacións que teñen a súa sede nesta cidade.