Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Duelo de máquinas

Deep Junior e Deep Fritz disputan o trono xadrecístico mundial

A partida inicial deste primeiro campionato mundial de xadrez entre computadores rematou en táboas.

Redacción - 13:30 07/06/2007

Hai apenas seis meses que o Deep Fritz derrotou o actual campión mundial de xadrez, o ruso Vladimir Kramnik, polo que se podería considerar que este computador é o virtual líder do xadrez internacional. Con todo, os expertos pensan que o Deep Junior, que saiu con pezas brancas nesta primeira partida, é favorito no enfrontamento, xa que demostrou a súa capacidade na Olimpíada de Xadrez para computadores celebrada hai un ano en Turín.

O torneo celébrase ao mellor de seis partidas e ten como escenario a cidade de Elista, capital da rexión rusa de Calmuquia, presidida por Kirsan Iliumzhinov, presidente ademais da Federación Internacional de Xadrez, FIDE. En xogo para os fornecedores de cada unha das máquinas estarán cadanseu premio: 60 mil dólares para o gañador e 40 mil para o segundo.

Atrás do Deep Fritz están o holandés Franz Morsh e o alemán Mathias Feist. Pola súa banda, o máis moderno Deep Junior foi deseñado polos científicos israelís Amir Ban e Shay Bushinsky.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: