Son os que hai na equipa estatal que vai participar no vindeiro Mundial Olímpico a celebrar na cidade portuguesa do 23 de xuño ao 13 de xullo deste ano.
Trátase dunha semana crucial de cara aos Xogos Olímpicos de 2008, en Pekín, xa que de aquí van saír o 75 % das prazas estatais para competir na China. Tamén é unha boa oportunidade para que as equipas estatais se preparen, xa que compiten xuntas once clases olímpicas.
Por detrás de Canarias (8), Andalucía e Cataluña (7), Galiza é o cuarto país que máis regatistas presta á equipa estatal, composta por un total de 47 deportistas.
Os seis galegos dos que falamos son: Fernando Echavarri e Antón Paz (clase tornado) -segundos no ránking mundial-, Roberto Bermúdez de Castro (clase star), Tamara Echegoyen (clase 470 F), Miguel Fernández (clase finn) e Lara Cacabelos (clase yngling).