Ao redor das 13.30 horas, o preso abandonou o Hospital de Donostia nunha ambulancia escoltada pola Policía.
Os medios de comunicación agardaban a saída de De Juana ás portas do hospital, en Donostia esta cuarta feira
O preso Iñaki De Juana Chaos, ex membro da ETA, abandonou ao redor das 13.30 horas o Hospital Donostia onde permanecía ingresado recuperándose dunha folga de fame.
De Juana viaxa nunha ambulancia, custodiada por dúas patrullas da Ertzaintza, que a esa hora saíu do aparcamento subterráneo do hospital.
Tras a súa marcha, estabeleceuse un dispositivo policial na porta de entrada ao pavillón de Urxencias, onde os medios de comunicación agardaban á saída de De Juana.