Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
MUNICIPAIS07

PSdeG e BNG retoman as negociacións para renovar os pactos municipais

As comisións negociadoras designadas por socialistas e nacionalistas volven atoparse este martes na capital de Galiza.

Redacción - 11:13 05/06/2007

Máis de setenta municipios están á espera dun pacto nacional para logo poder formalizar os pactos localidade a localidade. O reencontro prodúcese despois do parón do pasado venres, que serviu para reconsiderar as posturas. Este luns moveu peza o PSdeG. O seu secretario de Organización, Ricardo Varela, chamou ao coordenador nacionalista, Francisco Jorquera para reanudar as negociacións.

A principal diferenza é que os nacionalistas non queren caer en erros do pasado. A dirección frentista quere gobernos locais “en pé de igualdade” e evitar en todo momento un papel subalterno para os concelleiros nacionalistas. A estratexia é que, en todo momento, os cidadáns poidan percibir o “estilo propio do BNG” á hora de gobernar.

Segundo puido saber Vieiros, o clima é en xeral optimista e todo apunta a que o acordo chegará nos vindeiros días. Os principais problemas radican en “catro ou cinco concellos” (en ningúna caso cidades) onde o enfrontamento entre nacionalistas e socialistas é tal que pode impedir alí a concreción dos acordos. Porén, en municipios que a priori semellaban complicados, como é o da Coruña, todo parece proclive para o entendemento.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: