Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Entidade sen ánimo de lucro

Nace a Universidade Autónoma do Atlántico

A institución, con sede en Taragoña (Rianxo), agrupa entidades educativas e culturais a prol do desenvolvemento local.

Redacción - 13:01 04/06/2007

Doce entidades privadas constitúen a Universidade Autónoma do Atlántico, unha plataforma de ensino sen ánimo de lucro que aposta polo desenvolvemento local. A institución presentarase formalmente o venres 15 no Club Internacional de Prensa de Compostela e constituirase o día seguinte en Taragoña, Rianxo, que será a sede da universidade.

As primeiras actividades previstas pola Uniat son dous cursos de verán no mes de xullo: un de especialización en estudos árabes e islámicos, en Rianxo, en colaboración coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo, e outro en Vilagarcía, sobre investigación, innovación e desenvolvemento, coa Universidade de Santiago de Compostela.

Despois, en outubro e novembro, vai organizar as primeiras edicións do Congreso Galego da Mocidade Investigadora, o Internacional sobre Defensa Responsábel e o Internacional sobre Muller, Paz e Seguranza.

Desenvolvemento local independente
A iniciativa baséase exclusivamente no tecido organizativo da sociedade civil e pretende ser independente dos poderes públicos e dos intereses comerciais. Así, acollerá a variedade máis ampla posíbel de entidades non lucrativas co obxectivo de favorecer o desenvolvemento integral e sustentábel das comunidades.

A universidade estruturarase en escolas, que agrupan entidades que comparten áreas de coñecemento, e campus, vertebrados territorialmente. Aínda que ten como precedentes as universidades populares, pretende cubrir as lagoas daquelas e complementar o campo formativo coa creación e a difusión cultural.


4,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: