A alternativa galega ás operadoras estatais comezará a traballar antes de que remate o ano cun investimento de 60 millóns
O operador de cable R lanzará os seus teléfonos móbiles “en torno ao último trimestre de 2007”. Serán os clientes actuais da empresa os primeiros que poidan contratar a alternativa galega ás operadoras estatais.
Para montar os novos servizos, R explotará a tecnoloxía de Ericcson, líder neste tipo de equipamentos. A compañía di que vai investir 60 millóns de euros nos vindeiros cinco anos.
Os resultados permítenlle manter a independencia
A empresa -participada pola eléctrica FENOSA, Caixanova e varios xornais galegos- asegura que nestes intres ten máis de 200.000 clientes. A súa situación financeira parece estábel, pois presentou unhas gañancias de máis de 62 millóns o ano pasado.
R é unha das poucas operadoras autonómicas de cable que sobreviron a concentración que se deu a nivel estatal neste sector.