Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Conferencia en Ferrol

O dereito á autoxestión dos recursos

Lidia Senra, do Sindicato Labrego Galego, e Isabel Vilalba, da Marcha Mundial das Mulleres, achegarán os seus coñecementos e reflexións sobre soberanía alimentaria este venres.

Redacción - 19:30 31/05/2007

Isabel Vilalba foi, delegada da Marcha Mundial das Mulleres no Foro de Soberanía Alimentaria celebrado en Selingué (Mali) do 23 ao 27 de febreiro, e pertence á Secretaria da Muller do Sindicato Labrego Galego (SLG), xunto a Lidia Senra, Secretaria Xeral do SLG e da Secretaría da Muller da organización internacional Vía Campesina. As dúas estarán o próximo día 1 de Xuño en Ferrol, para falarnos sobre soberanía alimentaria. A xornada é aberta para todas as persoas interesadas no tema. Celebrarase nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol Vello, que ten a súa sede no Porto de Ferrol, na Rúa do Cuco nº 1, ás 20.00 da tarde.

A Marcha convocou unha xuntanza a véspera do comezo do foro de Mali (o 22 de febreiro), co título Mulleres agriculturas: xestoras de soberanía alimentaria. Nela falouse sobre a importancia do coñecemento das mulleres en canto á xestión da nutrición familiar e do abastecemento. Algúns exemplos: na India, as mulleres utilizan 150 especies diferentes de plantas para alimentar a humanos e animais. Na Bengala occidental, hai 124 especies diferentes de tipos de broza ou maleza que se recollen nos arrozais e teñen a súa importancia económica. En Veracruz, México, as labregas empregan 435 especies de flora e fauna silvestre, das que 229 son comestíbeis. Son algúns dos datos que nos achega a ecofeminista premiada co Nobel Alternativo no 93 Vandana Shiva, n'A masculinización da agricultura: Monocultivos, monopolios e mitos. Agora vén a parte negativa: na economía de mercado, as mulleres son titulares do 1% das explotacións agrícolas.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Cartel da xornada
Cartel da xornada