Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTÁ FIXADA PARA MEDIADOS DE XUÑO

A primeira patronal “en clave galega” prepara a asemblea fundacional

A Rede Galega de Empresas agarda que centos de empresarios e autónomos acudan aos encontros no Auditorio de Galicia.

R. Vilar - 11:50 31/05/2007
O Auditorio de Galicia será o escenario dun fito na historia empresarial do país

O Auditorio de Galicia será o escenario dun fito na historia empresarial do país

A capital de Galiza é o lugar elixido pola Rede Galega de Empresas para celebrar a súa asemblea fundacional. Os vindeiros días 16 e 17 de xuño, no marco dunhas xornadas que analizan as relacións entre a empresa privada e a administración pública. Segundo lle explicou a Vieiros o presidente da xestora encargada de poñer a andar o proxectos, Benigno Pereira, para o evento vaise convocar por carta a empresarios e autónomos de todo o país. A nova patronal galega non vai estar soa en Santiago. Até a capital teñen previsto desprazarse representantes de asociacións empresariais de Euskadi e Cataluña para explicar a súa experiencia.

Pereira móstrase ilusionado co proxecto e sinala que agarda que esa fin de semana se acheguen até o Auditorio de Galicia centos de empresarios. Até o momento, a maioría de empresas que se están interesando no proxecto son de pequenas dimensións (entre 10 e 50 asalariados), aínda que xa mostraron o seu apoio varias que teñen máis de 100 traballadores en nómina e incluso unha de 500 operarios. “O que máis difícil nos está a resultar é achegarnos aos autónomos”, precisa Pereira.

Plasmar tamén a realidade nacional
Nestes momentos, a Rede Galega de Empresas ten a súa modesta sede provisional na rúa santiaguesa de Patio de Madres, aínda que de ir adiante o proxecto agardan buscar un local máis axeitado. O presidente da nova patronal afirmaba o pasado 24 de abril en Vieiros que o obxectivo é organizar un empresariado “en clave de país”, unha parte do sector que non se sinte representado por organizacións como a CEG: “O empresariado tamén pode contribuír a que se plasme a nosa realidade nacional e a nosa cultura propia á vez que contribúe a xerar riqueza".


4,44/5 (27 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: