Dende o acceso a armas a gastos militares, pasando por denuncias de abusos aos dereitos humanos, o índice sinala os estados máis "pacíficos" e "violentos".
O índice repara nun total de 24 factores de paz "interna e externa" e foi elaborado pola consultora Economist Intelligence Unit. Nesta primeira ocasión en que se realiza, a lista de 121 países pon á cabeza e por esta orde a: Noruega, Nova Celandia, Dinamarca, Irlanda, Xapón, Finlandia, Suecia, Canadá, Portugal e Suecia. Eses son os máis "pacíficos".
Países máis violentos
No outro estremo, a relación de estados queda pechada nas últimas posicións por Angola, Costa de Marfil, Líbano, Paquistán, Colombia, Nixeria, Rusia, Israel, Sudán e Iraq, este último o país onde maior nivel de violencia se considera agora mesmo que existe. Relativamente abaixo na lista aparecen os Estados Unidos, na posición 96, apenas unha por riba de Irán.
Os analistas consideran que existe unha relación directa entre a riqueza dos países e a paz da que gozan segundo estes estándares, e que os que máis arriba están na lista coinciden tamén por exemplo cos mellores niveles de transparencia de goberno ou educación.