Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

O PPdeG convida o BNG a coller o bastón de mando no Carballiño

A caída da maioría absoluta do PSdeG abre complexas negociacións. Os nacionalistas subliñan que só formarán goberno se ostentan a alcaldía.

Redacción - 09:00 30/05/2007

A vila ourensá onde até hai pouco gobernaba Manuel "Pachi" Vázquez con maioría absoluta, agora conselleiro de Medio Ambiente, saíu do 27M cun significativo cambio das urnas. O reparto de 9, 5 e 3 asentos respectivos para PSdeG, PPdeG e BNG virou en 8,5 e 4 concelleiros para cada unha destas forzas.

O propio Manuel Vázquez xa chegara á alcaldía en 1995 co apoio do BNG e catro anos máis tarde conseguira a maioría absoluta rabuñando un dos representantes dos nacionalistas. Desta volta, o pacto véndese máis caro. Durante a campaña, o Bloque advertiu de que só entraría a formar parte do goberno local no caso de que, independentemente dos resultados, o candidato nacionalista fose o rexedor. Manuel Amil, subliñou este martes esa promesa aos cidadáns: "Só formaremos parte do goberno se eu son alcalde. Se non se cumpre nós pasaremos a formar parte da oposición".

Ao respecto, o candidato do PPdeG á alcaldía, Arximiro Marnotes, indicou que o posíbel apoio ao candidato nacionalista para quitarlle a alcaldía ao PSdeG non é descartado pola súa formación. En declaracións á Cadena Cope, recollidas por Europa Press, o candidato popular afirmou que despois dos resultados do 27-M no Carballiño, non ten "problema ningún en que Amil sexa alcalde". Mentres, Amil concede que podería deixar que o PSdeG, con Carlos Montes á cabeza, goberne en solitario. "O proceso de designación de alcalde non ten nada que ver co da formación de goberno", apunta.


4,83/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: