As 4.038 mesas electorais que se reparten por todo o país, quedaron constituídas sen incidencias relevantes.
Os máis madrugadores xa están a exercer o seu dereito ao voto. Máis de 12.000 cidadáns contitúen as mesas nos 315 concellos de Galiza, a isto hai que sumar os milleiros de interventores e apoderados políticos que tamén están a pé de urna dende primeira hora.
En total,nesta xornada que amenceu con choiva, están chamados a votar 2.638.564 votantes. Eles decidirán os 3.847 concelleiros que os representarán nos vindeiros catro anos.