É un proxecto que ten o obxectivo de clasificar 1,8 millóns de especies animais, plantas e outras formas de vida.
A Enciclopedia da Vida é un gran esforzo por xuntar os 1.800.000 de especies de animais, plantas e outras formas de vida sobre a face da Terra. Por primeira vez na historia, os científicos, estudantes e cidadáns poderán ter acceso multimedia a todo o coñecemento de especies vivas, mesmo as que se descubriran recentemente.
O punto de partida desta grande obra documental será a recompilación de especies xa nomeadas de animais, plantas e fungos, para seguir a continuación cos microorganismos. Segundo o seu director, James Edwards, o obxectivo é crear unha ferramenta de referencia mundial para aumentar o coñecemento sobre a biodiversidade na Terra e que se acelere a clasificación das especies recente descubertas.
Tardaranse 10 anos en construír todas as páxinas e organizar os 1.8 millóns de seres vivos, catalogalos e colleitar toda a información de cada un deles. Os expertos en biodiversidade apuntan que apenas se coñecen o total de especies sobre o planeta. As estimacións son moi diversas, e ocupan un espectro de entre 5 e 100 millóns de posibles especies. Por iso, os responsables desta obra enciclopédica esperan contar coas achegas de todos os expertos internacionais posibles.
Colaboradores
No proxecto participan varias universidades e institucións culturais tanto americanas como europeas (a Universidade de Copenhaguen e o Museo de Historia Natural de Londres). Entre os nomes dos principais impulsores desta Enciclopedia figuran algunhas das institucións de investigación máis importantes de Estados Unidos: o Museo Field de Historia Natural, a Universidade de Harvard, o Laboratorio de Bioloxía Marina de Massachusetts, o Xardín Botánico de Missouri, a Smithsonian ou a Biblioteca de Patrimonio da Biodiversidade, que agrupa a diversos museos de ciencias naturais estadounidenses.
En calquera caso, os seus promotores non queren deixar fóra a ningunha institución ou organización relevante no tema da biodiversidade. Por iso, entre os membros do seu Consello Institucional figuran entre outros a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN), o Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), a Fundación Wikimedia, a Academia China de Ciencias ou o Instituto Nacional de Biodiversidade de Costa Rica.
A páxina, que será http://www.eol.org, proverá de información de todo tipo de cada ser vivo, fotografías, videos, sons, mapas de localización e máis. Será moderada ao estilo Wikipedia e será gratuíta para todo o mundo. Teñen unha páxina de demostracións dalgunhas fichas, como a do arroz ou o oso polar e vense moi completas aparentemente.
A Enciclopedia da Vida poderá consultarse libremente na web, permitindo o acceso á súa base de datos multimedia, que irá actualizándose constantemente cos novos descubrimentos e achegas de científicos e afeccionados. Así mesmo, unificará a multitude de bases de datos actuais que se encontran espalladas. Á hora de realizar unha consulta, o usuario poderá escoller o nivel científico-técnico no que se queira examinar a información, desde o modo principiante ata o experto.O idioma de consulta será inicialmente o inglés, pero os seus impulsores aseguran que se traducirá ó resto de idiomas máis populares
Orzamento