Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DISCUSIÓN SOBRE A SOCIEDADE DO COÑECEMENTO

Industria advirte de que non se deixará "suplantar" por unha Fundación de Presidencia

O PP acusa a Touriño de crear un "quiosco especial" e unha Consellaría de Industria "bis" para "colocar a amigos".

Redacción / Europa Press - 18:19 24/05/2007
Touriño na presentación da FSC

Touriño na presentación da FSC

A directora xeral de Promoción Industrial, Elena Veiguela, advertiu de que se chega a darse o caso de que a Fundación para a Sociedade do Coñecemento poida "acaparar, suplantar ou atribuirse" as súas competencias comunicarallo ao Presidente da Xunta para que actúe en consecuencia. Veiguela refírese a Fundación para a Sociedade do Coñecemento (FSC), creada pola Presidencia do Goberno.

Acusacións de amiguismo
Nun debate no Parlamento este xoves, o deputado popular Anxo Tahoces dixo que "é moi heavy que se aboquen as competencias da Consellería de Innovación e Industria nesta fundación".

Tahoces acusou a Fundación de ser un "quiosco especial" co obxecto "non, de colocar amigos -que tamén- ", senón de crear unha Consellaría de Industria "bis", "porque o presidente Touriño non se fía de vostedes". Esta Fundación está presidida polo ex-director de Citroën en Vigo, Javier Rese.

Competencias similares

O certo é que as competencias da nova FSC -creada por iniciativa de Touriño- son moi parecidas ás da Consellería de Industria, dirixida polos nacionalistas. Así, o fin da FSC é "o impulso, promoción e coordinación de actividades para o impulso da estratexia de cooperación no tecido empresarial" segundo di a Consellaría de Economía. Mentres que na web da Consellería de Industria dise que "lle corresponde o exercicio das competencias e funcións nos ámbitos da investigación, desenvolvemento e innovación, industria, etc.".


4,9/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: