Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nunha xuntanza o pasado 29 de maio

Batasuna e PSE acordaron pechar un acordo político denantes do 31 de xullo de 2006

Este recollería a creación dunha mesa de partidos e a elaboración dun calendario do proceso de solución do conflito.

Redacción - 12:31 24/05/2007

Representantes do Partido Socialista de Euskadi (PSE) e de Batasuna acordaron nunha reunión secreta organizada o 29 de maio do pasado ano pechar un acordo político resolutivo sobre o conflito no País Vasco antes do 31 de xullo dese ano. Este, daría paso á formación dunha mesa de partidos en outubro, segundo informa o diario Gara.

Nesa reunión, os representantes da formación de Arnaldo Otegi presentaron aos socialistas "unha proposta escrita" de "acordo para a recuperación da confianza" que, entre outros aspectos, contemplaba a sinatura "dun pre-acordo" antes do 31 de xullo, así como o compromiso de pór en marcha antes de outubro a mesa de partidos e de elaborar un calendario do proceso.

Este acordo debería ser negociado non só polo PSE e Batasuna senón tamén polos socialistas navarros (PSN), algo ao que accederon os primeiros, explica Gara.

Primeira xuntanza pública
O "froito máis visíbel" dese "pacto secreto" sería a xuntanza mantida, por primeira vez ante a presenza das cámaras, nun hotel de Donostia o 6 de xullo por Patxi López, líder do PSE, o portavoz do PSOE, Rodolfo Ares, e os dirixentes de Batasuna Arnaldo Otegi, Rufi Etxeberria e Olatz Dañobeitia.

O PSOE defendeu nesa reunión como punto "imprescindíbel" que Batasuna dese os pasos necesario para o seu legalización "canto antes, no verán mesmo". Gara afirma que, nese momento, ambas partes levaban xa seis anos cruzando diagnósticos e propostas.

Por último, o diario vasco recolle o compromiso adquirido polo PSE no que se comprometía a tratar de que o secretario xeral do PSN, Carlos Chivite, fixese unha declaración pública valorando positivamente a actitude do PSE, e citando a necesidade de dar pasos neste terreo.


3/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: