Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Baloncesto

Os composteláns chegan á LEB

O Beirasar-Rosalía regresa á categoría de prata da liga estatal de baloncesto. No partido celebrado na cuarta, os composteláns impuxéronse aos ourensáns do COB por só sete puntos moi sufridos acadados na segunda parte.

Redacción - 09:48 24/05/2007
Imaxe de arquivo da equipa compostelá

Imaxe de arquivo da equipa compostelá

No descanso o Beirasar ía 18 puntos por riba dos ourensáns, aos que non lles chegou o tempo todo da segunda parte para reaccionar.

O Beirasar xa comezou, aos cinco minutos de xogo, a se impor ao COB (Club Ourense Baloncesto) por seis puntos, e o feito de mudar dunha defensa en zona a unha individual non lles chegou aos de Dani García para deter a forza ofensiva dos composteláns.

En Ourense o público non deixou de protestar un segundo polas decisións arbitrais, mentres o adestrador da equipa local non deixaba de facer cambios e cambios, tentando atopar o cinco que lle fixese impoñerse ao Beirasar.

O partido terminou cos berros de "Oé, oé, oé... estamos na LEB!", da afición compostelá, que se trasladara a Ourense seguindo á súa equipa.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: