Un alpinista británico fai a primeira chamada de móbil dende o cumio do monte máis alto do planeta.
O alpinista e o Monte Everest
O británico Rod Baber entrou no libro Guinness dos Récords esta terza, logo de ser a primeira persoa que realiza una chamada telefónica cun móbil dende o Monte Everest.
Nada máis chegar o cumio do monte máis alto do planeta, con 8.848 metros de altura, o alpinista realizou un par de chamadas co seu móbil, un Motorola Moto Z8, e enviou unha mensaxe de texto.
Baber marcou en primeiro lugar o número da súa conta de correo de voz, e despois falou coa súa muller e a súa familia. A mensaxe de texto ía dirixida a un empregado da compañía de teléfonos no que dicía: "un pequeno texto para o home, un grande paso para a telefonía móbil".
Non é a primeira vez que se efectúan chamadas de teléfono dende o Everest, mais vía satélite e utilizando equipamento sofisticado.