"Vou xuntar a miña xente para dar leña" é unha coñecida frase da actualidade municipal deste ciclo que se pecha. Pero... sabes quen é o autor?
Velaí tres opcións posíbeis:
--O presidente do clúster da madeira
--Manuel Ameijeiras, delegado en Galicia do goberno español, en advertencia aos mariscadores de Ferrol
--Senén Pousa, alcalde de Beade, ameazando aos veciños que se mobilizaron pedíndolle a auga da traída
Esta é a primeira pregunta que che propoñemos, pero temos moitas máis. Proba co trivial no especial de Vieiros Municipais07.