Algúns dos corredores chegaron nun voo a altas horas da madrugada e tiveron que se erguer moi cedo para pasar polos controis anti dopaxe, mais os galegos fixeron unha boa carreira na súa primeira contra reloxo por equipas.
Quedaron no número 11 da clasificación por equipas na contra reloxo, mais os tempos foron bos e foron os mellores da súa categoría, a continental, gañando á metade das equipas do Pro-Tour que participaron na primeira etapa da Volta.
A equipa que venceu nesta primeira etapa foi a do galego Óscar Pereiro, a Caisse d'Espargne, e o mellor ciclista, tamén desta equipa, foi Karpets, o primeiro líder da Volta.
Como aínda non está todo escrito, a equipa galega pode aínda facer un mellor papel en Cataluña, se superan ben a etapa da terza, que é desas chamadas rompepernas, con tres portos no seu percorrido: dous de segunda e un de terceira.