Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Surf

O Campionato Luso-Galaico + Euskadi por primeira vez en Galiza

O campionato celebra o seu décimo aniversario esta fin de semana na Praia de Patos, en Nigrán. A equipa convidada será a da Euskal Herriko Surf Federazioa (EHSF).

Redacción - 11:22 22/05/2007

Un signo máis e un Euskadi foron engadidos este ano ao nome do Campionato Luso-Galaico de Surf, que hai 10 anos se celebra en terras portuguesas. Mais este ano os surfeiros portugueses han viaxar a Nigrán, a fin de semana do 26 e o 27 de maio para surfear sobre as ondas da Praia de Patos.

Aos portugueses e galegos únense este ano os surfeiros da Euskal Herriko Surf Federazioa (EHSF), que, convidados polo Surfe Clube de Viana, organizador do acto, veñen a competir polos 8.000 euros que se reparten en premios.

Para participar só fai falla estar na Federación Galega, na portuguesa ou na vasca, que homologan a competición, e competir nas categorías de OPEN masculinas -surf, bodyboard e longboard- e femininas -surf e bodyboard-.

Os resultados da competición, que reúne aos mellores surfistas peninsulares, coñeceranse domingo, na mesma Praia de Patos, que é, ademais, sé dunha das escolas de surf que están a funcionar regularmente en Galiza.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: