Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

Mondariz aínda busca o pornoadicto do Concello

O funcionario acusado nega as chamadas e a oposición acusa o alcalde do PPdeG de non dar a cara sobre o gasto de nove mil euros.

Redacción - 09:00 21/05/2007

O acontecido foi revelado polo PSdeG de Mondariz o venres pasado, achegándolle aos medios as facturas que indicaban que un dos 18 teléfonos móbiles que ten o Concello tiña rexistradas 400 chamadas e cinco milleiros de mensaxes a unha liña erótica. Sumaban en total, e durante catro meses, un custo de 9 mil euros para as arcas municipais.

Desde a alcaldía especulan cun posíbel erro de Telefónica e anunciaron a apertura dunha investigación. O funcionario do servizo de limpeza que tiña asignado o teléfono asegura que nunca o usou con esa fin. Ao respecto, anuncia unha querela no caso de que poida demostrar que a facturación está errada. "Todo isto é unha manobra política do PSOE que se quere cargar o alcalde Julio Alén", afirma.

Desde o PSdeG acusan ao alcalde de revelar a identidade do funcionario vulnerando a súa intimidade, subliñando que eles non insinuaran nin nomes nin apelidos do usuario do teléfono e pídenlle que dea a cara.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: