Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

BNG: presumir do "modelo Allariz"

"Este pobo uniu todas a vontades, independentemente do que pensasen", dixo Anxo Quintana no concello onde el mesmo foi alcalde durante once anos.

Redacción - 09:00 21/05/2007

Falou o voceiro nacional do Bloque do "modelo Allariz" e atribuíulle aos veciños o éxito no funcionamento dese proxecto, agradecéndolles a confianza no nacionalismo. "Non se me ocorre ningún voto do que non sexa merecedor Paco, meréceos todos", asegurou durante a presentación do actual alcalde e candidato á reelección, Francisco García. Na actualidade, o BNG conta con 8 asentos no Concello, por 4 do PPdeG e 1 para o PSdeG.

Quintana dixo estar seguro de que o PPdeG ten "unha espiña cravada" polo triunfo do "modelo Allariz". "Pódelles o odio e o rancor", acusou aos populares, reprochándolle ao candidato do PP á alcaldía que rexeitase que unha etapa da Vuelta Ciclista a España saíse da vila ou lembrando cando tamén o PP se opuxera en 1998 á visita do príncipe Felipe á vila. "Puxeron o berro no ceo e non querían que viñese. Como se pode estar en contra disto?", dixo Quintana. Subliñando que o BNG seguirá sendo "republicano e nacionalista", indicou que "se podemos utilizar este concello como elemento de propaganda da nosa nación, por que non?. Somos nacionalistas, pero non parvos". "Todos queren ser como Allariz", dixo a continuación Francisco García, actual alcalde.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: