Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

Preto de 30 mil cidadáns pediron votar por correo

Á falta dos datos do venres, día no que se pechaba o prazo, un total de 28.286 persoas pediran en Galiza poder votar por correo.

Redacción - 09:00 19/05/2007

Unha vez que os solicitantes reciban a súa documentación electoral por correo certificado e urxente, terán de límite até o próximo mércores 23 de maio para entregar o sobre co seu voto nas oficinas de correos. Os documentos son enviados a cada domicilio pola Oficina do Censo Electoral, despois de comprobar a inscrición no censo de cada un dos solicitantes.

Por provincias, en Pontevedra pediron votar por correo un total de 8.388 cidadáns; na Coruña foron 7.934 persoas; en Ourense 6.584 electores e en Lugo un total de 5.510 votantes. Non hai detalle de datos aínda ao respecto dos electores da emigración, malia que Correos avanza que a nivel estatal foron algo máis de 124 mil persoas as iniciaron os trámites coa intención de participar nos comicios.


4/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: